"Porto selvático"

Do 5 ao 8 de decembro celebrarase a primeira ComicCon do Porto, á que estou convidado. A miña relación coa cidade é longa e intensa, nela teño bos amigos e, no pasado, fun convidado frecuente daquel salón que se celebraba no Mercado Ferreira-Borges. Fun consciente de que, pese a esta estreita relación, non tiña nunca feito unha imaxe da cidade.

Ben, asunto resolto: unha versión do Porto coa vexetación a se apropiar das súas rúas e dos seus edificios e un río Douro máis salvaxe. É unha acuarela acrílica sobre papel Arches (41x31 cm).

.

Debuxo a lapis.

B