Xabarín: cuberta «OINK!» nº 1

«Galaxias», cuberta "OINK!" nº 1. Acrílico s/ papel tintado (30x40 cm).

«Galaxias», cuberta “OINK!” nº 1. Acrílico s/ papel tintado (30×40 cm).

Galaxias e Universo…! Confésome fascinado polo tema dende hai moitos, moitos anos. Na miña memoria graváronse a lume as imaxes daquel impactante “Cosmos” de Carl Sagan. Tiven claro o tema da cuberta cando me dixeron que entre os contidos estaría un artículo sobre galaxias.

Xabarín: cuberta «OINK!» nº 0

Cuberta do nº 0. Acrílico s/ papel tintado (30x40 cm).

Cuberta do nº 0. Acrílico s/ papel tintado (30×40 cm).

Unha das presentacións editoriais previstas neste “Viñetas / 2013” é a da revista mensual “OINK!”, dirixida á rapazada (e aos nostálxicos da “xeración Xabarín”). O Xabarín, claro, terá un papel destacado. Esta será a imaxe da cuberta do Nº 0 co que se dará a coñecer o proxecto. No enlace, algúns detalles.

Xabarín cumpre 18 anos

Xabarín, 18 anos. Acrílico s/ lenzo (33x48,4 cm).

Xabarín, 18 anos. Acrílico s/ lenzo (33×48,4 cm).

O Xabarín cumpriu 18 anos. Maior de idade… Un grupo de profes do colexio Monte da Guía de Vigo organizaron unha homenaxe da que vai resultar un libro, e esta será a cuberta, que veño de rematar.

Parabéns, fillo.