10 pensamientos en “«Death con pantera»

  1. Buff! xa hai tempo que non che comentaba nada por aquí Miguelanxo, porque ando a mil con mil cousas, pero é que vendo cousas así hai que sacar tempo de onde sexa para eloxialo. Novamente toca sacarse o sombreiro mestre.
    P. D. Que Gayman che encomende un álbum completo de Sandman XA!!
    Apertas Miguelanxo!
    Kike J.

    • Grazas, Kike.
      Con Gaiman, logo de rematar “The Heart of a Star”, xa houbo unha proposta da DC, pero non me resultaba asumible. Supoño que algún día nos poñeremos de acordo nunha historia e volveremos traballar xuntos.

  2. Sempre direi que o teu foi o Sandman máis bonito que houbo e haberá xamáis…. ¿Así por curiosidade, como foi traballar con Gaiman a nivel creativo? Polo tema da distancia, forma de traballar del ( que ven dun sistema moi establecido a nivel colaboracións, ademáis de ser escritor que me da que non usará o chamado método Marvel) comparando co resto das obras nas que colaboraches ti ( que se non me equivoco, son moi poucas…)

    Precioso o uso das cores…

    • Grazas, Jorge. É certo, a penas teño traballado con guión alleo. O “Montano”, con Fernando Luna (guionista de radio), “A Lei do Amor”, con Laura Esquivel (escritora) e “The heart of a Star”, con Gaiman. O traballo con el non foi nada complicado. Xa nos coñeciamos e, cando me mandou a sinopse da historia, preguntoume como quería o guión. Díxenlle que só as descricións e os diálogos, sen encadres nin planificación de páxina, e así mo mandou. O guión orixinal era de 18 páxinas e eu propuxen facelo en 20, cousa que foi aceptada. E punto. Non tivo máis historia.

    • Hola, Jaume.
      Desde hace algun tiempo (desde que acabé Ardalén) intento hacer una imagen de distinta temática y estilo al mes (+ o -…). Como la del lobo, algunas de Trazo de tiza, o esta de Muerte. Asi me obligo a salir de la rutina de lo que esté haciendo.

      • Bo método, persoalmente tamén me gusta de cando en vez poñerme con outra cousa cando estou cun traballo medianamente longo, o primeiro por despexar a cabeza con algo diferente ao que estás a facer e despois porque cando volves, ao ter abstraído a mente dese traballo ves os fallos, en caso de habelos, con máis claridade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *