Illa de Arousa

A Illa de Arousa é preciosa. Na parte sur, o Parque Natural do Carreirón, cunha zona de marismas, unha infinidade de praias, coídos e penedíos, e unha poboación numerosa de garza real, pode percorrerse nun par de horas, indo sen presas. No norte, o faro de Punta Cabalo e a súa contorna de inmensas masas graníticas son magníficos.

Faro de Punta Cabalo.

Dorna en Arousa.

A praia de Area da Secada, a carón do faro.