«Xabarín», Premio de Honra «Fernando Rey» nos Premios Mestre Mateo 2013.

Na entrega dos Premios Mestre Mateo 2013 o «Xabarín Club» recibiu o Premio de Honra «Fernando Rey».

Os que me coñecen saben que non adoito falar dos premios recibidos, pero neste caso, sendo un premio compartido con tanta xente que desenvolveu o clube durante estes case 20 anos, non teño tanto pudor en facelo. Foi emotivo ver sobre o escenario aquela presada de rapazas e rapaces pertencentes á ampla "xeración Xabarín" -dos 12 aos case 30 anos-, algúns deles caras coñecidas do cine ou da televisión, falando do personaxe e do clube como seña de identidade.