Etiquetas de vinos

Etiquetas de viños

Creo ter feito algunha máis, pero estas son as únicas das que conservo constancia.

En 1994 Trazo de tiza recibiu o Premio Especial do Xurado no festival de Sierre (Suíza). Ao ano seguinte solicitáronme facer a etiqueta dun viño branco cunha imaxe referida ao libro. Cónstame que me enviaron unha caixa con 12 botellas, pero os funcionarios de aduanas na Coruña retiveron o envío e se empecinaron en consideralo como unha "importación comercial" pola que tería que pagar unha cantidade desorbitada. Ou falta de sentido común ou ganas de amolar. Ou de beber viño gratis... Xa que logo, nin puiden ver como quedara a etiqueta nin conservar ningunha.

No 2002, o Comune de Montefalco (Umbria, Italia) pediume unha imaxe para a etiqueta da colleita do viño tinto Sagrantino.

E no 2004 pedíronme unha etiqueta para o viño branco El perro verde, un sabrosísimo verdejo de Rueda.

  • 80big_tdt_sier
  • 468big_etiqueta_sagrantino_bqx_bn
  • 667big_montefalco_bsqxo_color
  • 469big_etiqueta_vino_sagrantino
  • 81big_etiqueta_sagrantino_bx
  • 467big_perro_verde_etiqueta_entero
  • 82big_perro_verde
  • 894big_perro_verde_con_gambas_bqx_color
  • 705big_perros_verdes_con_gambas
  • 895big_p6043107
  • 896big_p6043109
  • 897big_p6043111
  • Capsula_Champagne_WEB
  • Etiqueta_Champagne_WEB
  • Perro_Verde_TUBO_2_ORX
  • Etiqueta_SANGIORE_BR