Cetáceos

Hai premios e recoñecementos que, por razóns particulares, resultan especialmente queridos. A CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) é unha ONG que traballa en Galicia desde 1990 no estudo, divulgación e conservación neste campo. En agosto de 2012 a CEMMA nomeoume Socio de Honra e Arroaz Maior. Grazas por ese nomeamento.

Os cetáceos formaron parte das miñas historias frecuentemente (ejemplos), desde o meu primeiro libro, Fragmentos da Enciclopedia Délfica. En De profundis acadaron papel protagonista. E en Ardalén (xa se verá...) teñen tamén un papel relevante. ¿Debería psicoanalizarme? Nos proxectos que estou a barallar para o próximo libro debo facer un esforzo para non metelos.

De profundis