San Simón

San Simón (en realidade San Simón e San Antonio) é moi especial. A pegada do tempo outórgalle unha atmosfera que a leva ao límite da realidade.

A intervención humana nas edificacións, nos peiraos, no embarcadoiro, na ponte... establece ese fío condutor co pasado que enche os espazos de resonancias das fonduras da historia. E non falo só dos tráxicos episodios que seguiron ao golpe de estado do 36, senón de ecos ben anteriores. Porque a historia de S. Simón e S. Antonio está documentada dende antes do s. X, e debería prolongarse cando menos outro tanto. Ao contrario das indiscretas compañías de onte, hoxe envolvíanos o silencio calmo e acolledor.

Pesqueiro no porto de Cesantes.

Garza real.

Garza branca, en San Simón.